Radio Xornal Seis do Nadal

lunes, 11 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

 LETRAS GALEGAS NO SEIS DO NADAL 2026

Na nosa escola xa estamos a argallar, un curso máis, a celebración do Día das Letras Galegas.

Como ben sabedes, este ano contamos cos nosos preogoeiros e pregoeiras, 12 nenos e nenas de 5º de Infantil ata 6º de Primaria que se encargan de pasar polas aulas dando o pregón sobre os acontecementos  e conmemoracións máis importantes da nosa escola, promovendo así a nosa cultura e tradicións.


Por iso que, que mellor ca eles e elas sexan os que vos expliquen en que consiste este día!

Velaquí o seu pregón:


Somos os pregoeiros e pregoeiras do Seis do Nadal, connosco de todas as novas vos ides enterar!
Atentos e atentas porque este pregón  adicado ás letras galegas vai comezar:

 

O 17 de maio celébrase o día das letras galegas, este ano ADICADO A BEGOÑA CAAMAÑO.

 

Begoña Caamaño Rascado naceu o 14 de outubro de 1964, no barrio do Calvario, en Vigo. Era a segunda de catro irmáns. Os seus primeiros estudos foron nun escola próxima á súa casa e despois pasou polo colexio Amor de Dios, facendo o bacharelato no instituto vigués Alexandre Bóveda.

 

ESTUDOU MAXISTERIO EN VIGO E Dedicouse ao xornalismo. traballou na Radio Popular de Vigo, en Radio Noroeste e na Radio Galega.

 

TIVO UN GRAN PAPEL NA REINVICACIÓN DA MULLER ColaborANDO EN revistas feministas e colectivos como mulheres nacionalistas gaLEgas, a Macha Mundial das Mulleres ou a rede feminista galega.

 

Begoña quería darlle voz ás mulleres por iso escribiu “Circe, ou o pracer do azul” e “Morgana en Esmelle”, onde as mulleres deixan de ser personaxes secundarias para se converteren nas protagonistas da súa propia historia.

 

Polo seu labor e compromiso a favor da nosa lingua dedícaselle este día.

PREGÓN LETRAS GALEGAS CON PICTOGRAMAS


NOS SEGUINTES ENLACES PODEDES NAVEGAR POR UNHA MOREA DE RECURSOS, ANIMÁDESVOS?!


PARA APRENDER SOBRE ESTE DÍA...







PARA DESCUBRIR A BEGOÑA:



PARA APRENDER XOGANDO:



PARA CANTAR E BAILAR...



















No hay comentarios:

Publicar un comentario