O fiadeiro do Seis
viernes, 6 de noviembre de 2026
lunes, 2 de noviembre de 2026
MAGOSTO 2026
MAGOSTO 2026
CEIP SEIS DO NADAL
Rapazada do Seis, estades preparados e preparadas?
Que? Como? Que non sabedes para que?
Pois... para festexar o MAGOSTO! E este curso será...
MAGOSTO… CO BARRIO DO SEIS!
Velaquí tedes unha serie de recursos para descubrir, xogar e cantar mentres saboreades as ricas castañas:
Para a aula:
UNIDADE DIDÁCTICA O MAGOSTO INFANTIL E PRIMARIA
Para os curiosos e curiosas:
TODO O QUE QUIXECHES SABER SOBRE O MAGOSTO
Para recitar e memorizar:
RECOLLEITA DE REFRÁNS SOBRE O MAGOSTO
Para chuparse os dedos:
Para colorear:
Para cantar e bailar:
martes, 27 de octubre de 2026
EXPOSICIÓN DE CABAZAS SOBRE O BARRIO DO SEIS
Este curso a nosa escola énchese de cabazas que ulen a Coia decoradas polos nenos e nenas e as súas familias.
Velaquí unha pequena mostra:
EXPOSICIÓN GORROS DE MEIGA
miércoles, 21 de octubre de 2026
SAMAÍN 2026 SEMANA DO MEDO
SAMAÍN 2026
CEIP PLURILINGÜE SEIS DO NADALXa chegou o SAMAÍN e con el as meigas, as cabazas, a semana do medo, a Santa Compaña…
Un curso máis a nosa escola énchese de cabazas, de feitizos e sesións de aquelarre. Estades preparados e preparadas para desfrutar neste novo curso?
| Mais… sabemos o que é o Samaín? |
Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: a maioría das veces para render contas inacabadas.
Velaquí unha serie de recursos para sacarlle o máximo rendemento a esta SEMANA DO MEDO!
Para os curiosos e curiosas:
CANVA SAMAÍN @amaxiadeaprender
Para as aulas:
UNIDADE DIDÁCTICA INFANTIL E PRIMARIA
Materias do Samaín da nosa mestra Cris:
Para escoitar:
HISTORIAS DE MEDO MUSICADAS II
Para elaborar receitas e meigallos:
Para aprender xogando:
Para crear:
SAN ANDRESIÑOS
O segredo dos Sanandresiños
Santo André de Teixido é un dos centros de peregrinación máis importantes da cultura galega, considerado unha das portas do Alén![]()
Nesta imaxe vemos a unha familia facendo os Sanandresiños, figuras de masa de pan sen fermentar pintadas de varias cores. Son exvotos que se ofrecen ao Santo André e onicialmente eran as figuras dun home, unha muller e unha pomba.
A flor era para o amor, a barca para favorecer as viaxes, a pomba para a paz, o santo para protexer a saúde e a amizade, a man para os estudos, a sardiña para o alimento...
Tedes Sanandresiños?
Fonte: Orgullo Galego
Para cantar e bailar:
CIRCULAR SAMAÍN 2026
Xa temos a circular para o Samaín 2026 lista no forno e preparada para que chegue as casas hoxe mesmo!
No seguinte enlace atoparedes toda a información:
viernes, 18 de septiembre de 2026
COMEZAMOS CURSO 2026-2027
Comezamos novo curso e con el novo PDI no que realizaremos unha morea de actividades tendo como punto de referencia o tema central do cole para este curso, “COIA, O BARRIO DO SEIS”.
Unha morea de oportunidades para aprender e desfrutar da nosa contorna seguindo o noso lema: “Facendo barrio”.
martes, 23 de junio de 2026
CORRELINGUA 2026
Un curso máis desfrutamos do Correlingua no parque de Castrelos!
Esta vez os nenos e nenas de 5º de EI e 3º de EP saíron camiñando da escola hacia o parque de Castrelos facendo unha pequena ruta conxunta cos súas pegatinas e pancartas co lema: CO GALEGO NO CORAZÓN, FACEMOS REVOLUCIÓN”.
Alí cantamos e bailamos ao ritmo de “Música miúda” xunto outros coles da zona, rematando no propio parque no que xogamos e brincamos un bo anaco.
lunes, 8 de junio de 2026
A NOITE DE SAN XOÁN 2026
Despedimos o curso, ano tras ano, cun pouqiño de cultura e da nosa tradición: A NOITE DE SAN XOÁN!
Noite das cacharelas, cacheiras, lambadas…
Coma ben sabedes, a noite de San Xoán coincide co día de maior luz de todo o ano e, apartires desste día, comenzan a minguar os días moi pouco a pouco.
É considerada unha noite máxica, ao contar con inumerables ritos relacionados co lume e coa agua como poden ser as cacharelas, as fontes ou as ondas do mar.
Velaquí tedes unha serie de recursos nos que poderedes seguir investigando e desfrutando desta noite tan especial:
CANTIGAS E RIMAS PARA O SAN XOÁN
QUE É O SAN XOÁN?















.png)

















