Radio Xornal Seis do Nadal

jueves, 26 de junio de 2025

DESPEDIDA PREGOEIROS E PREGOEIRAS



 Xa temos que pechar este curso e con el despedir aos nosos Pregoeiros e Pregoeiras da lingua galega ao grande!

Así que… que mellor maneira que despedilos dando o seu último pregón sobre a noite de San Xoán. Falando polas aulas do cacho, das herbas de San Xoán, das cacharelas, sardiñas…

Pero a cousa non quedou aí, non! Rematamos a xornada coa entrega dos diplomas por ser os primeiros Pregoeiros e Pregoeiras do Seis e deixar un legado que desexamos continuar nos vindeiros cursos. Menuda labor tiveron estes nenos e nenas dende decembro ata xuño: transmitir polas aulas a nosa lingua e cultura, recordando un oficio xa extinguido como eran os pregoeiros e pregoeiras antes de que o mundo da información e da tecnoloxía se apoderase de nós!

Os diplomas foron acompañados por unha boa literatura en formato álbum ilustrado e conto, para os máis activos; pasando pola novela para os maiores. Sen esquecernos dos estoxos personalizados co noso lema deste curso: ENRÉDATE COA LINGUA. Porque coa nosa lingua sempre é unha boa idea enredar e enredarse, non si?!

E para rematar con bo sabor de boca… unha papatoria para compartir os nos últimos momentos xuntos!

Moitas grazas a: Paulo, Martina, Erea, Martina, Héinar, Jared, Lucía, Xabier, Valentina, Xiana e Carmen polo seu traballo por manter a nosa lingua viva. Tamén as titoras porque, dende as aulas, axudáronlles a memorizar o pregón buscando sempre algún momento para practicalo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario