Radio Xornal Seis do Nadal

martes, 13 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

  LETRAS GALEGAS NO SEIS DO NADAL 2025

Na nosa escola xa estamos a argallar, un curso máis, a celebración do Día das Letras Galegas.

Como ben sabedes, este ano contamos por pimeira vez cos nosos preogoeiros e pregoeiras, 10 nenos e nenas de 5º de Infantil ata 6º de Primaria que se encargan de pasar polas aulas dando o pregón sobre os acontecementos  e conmemoracións máis importantes da nosa escola, promovendo así a nosa cultura e tradicións.

                 

Por iso que, que mellor ca eles e elas sexan os que vos expliquen en que consiste este día!

Velaquí o seu pregón:

O 17 de maio celébrase o día das letras galegas, este ano por primeira vez adicado a dar voz a tradición oral.

As homenaxeadas: Rosa e Adolfina Casás, eva castiñeira e as pandeireteiras de mens, exerceron de transmisoras, informantes, coidadoras da lingua e da tradición oral que foi pasando de xeración en xeración. Fixérono a través dos seus cantos, Da súa música, bailes, contos, refráns ou celebracións populares.

Grazas a musicóloga suíza Dorothé Schubarth todo isto non quedou no olvido, quen se encargou de facer a recollida acudindo aos pobos e as casas destas mulleres e que rematou no “cancioneiro popular galego”.

Queremos deixarvos como reflexión final que se nós non mantemos vivo este tesouro que nos chega dos nosos maiores, non medraremos como pobo, perdendo así a nosa identidade.


PREGÓN CON PICTOGRAMAS


NOS SEGUINTES ENLACES PODEDES NAVEGAR POR UNHA MOREA DE RECURSOS, ANIMÁDESVOS?!


PARA APRENDER SOBRE ESTE DÍA...









RECURSOS PARA AS AULAS...

No hay comentarios:

Publicar un comentario