Radio Xornal Seis do Nadal

lunes, 3 de febrero de 2025

A CANDELORIA

 "Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola"

O Día da Candeloria celébrase no 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.

O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cristianizado. Co Entroido remata o ciclo de inverno.




Este curso temos a sorte de que os nosos Pregoeiros e Pregoeiras da Lingua Galega pasarán polas aulas dando o seu pregún sobre este fermoso día, ademais de propoñervos facer uns paxariños, nas aulas, adicados a este día e expoñelos así no vestíblo, que vos parece?


Velaquí diferentes ideas:


























No hay comentarios:

Publicar un comentario