Este curso, ademais da exposición de cabazas, cada aula decorou unha vasoira… quizás dunha meiga?!
Colocámolas preto das portas de cada curso e sabedes para que? Pois para protexernos de personaxes do noso Samaín como a Santa Compaña, o Lobishome, os demos…
Como ben di a canción: “Varre vasoira, vasoira mola, fai moito tempo que non varre la cociña”
Animádevos a facer unha ruta coas vosas mestras pola escola e observar todo este traballo feito a man!
No hay comentarios:
Publicar un comentario