SAMAÍN 2024
CEIP PLURILINGÜE SEIS DO NADALXa chegou o SAMAÍN e con el as meigas, as cabazas, a semana do medo, a Santa Compaña…
Un curso máis a nosa escola énchese de cabazas, de feitizos e sesións de aquelarre. Estades preparados e preparadas para desfrutar neste novo curso?
Mais… sabemos o que é o Samaín? |
Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: a maioría das veces para render contas inacabadas.
Velaquí unha serie de recursos para sacarlle o máximo rendemento a esta SEMANA DO MEDO!
Para os curiosos e curiosas:
CANVA SAMAÍN @amaxiadeaprender
Para as aulas:
UNIDADE DIDÁCTICA INFANTIL E PRIMARIA
Materias do Samaín da nosa mestra Cris:
Para escoitar:
HISTORIAS DE MEDO MUSICADAS II
Para elaborar receitas e meigallos:
Para aprender xogando:
Para crear:
SAN ANDRESIÑOS
O segredo dos Sanandresiños
Santo André de Teixido é un dos centros de peregrinación máis importantes da cultura galega, considerado unha das portas do Alén
Nesta imaxe vemos a unha familia facendo os Sanandresiños, figuras de masa de pan sen fermentar pintadas de varias cores. Son exvotos que se ofrecen ao Santo André e onicialmente eran as figuras dun home, unha muller e unha pomba.
A flor era para o amor, a barca para favorecer as viaxes, a pomba para a paz, o santo para protexer a saúde e a amizade, a man para os estudos, a sardiña para o alimento...
Tedes Sanandresiños?
Fonte: Orgullo Galego
Para cantar e bailar:
No hay comentarios:
Publicar un comentario