O venres pasado tivemos na escola un obradoiro de dobraxe en galego!
A actividade estuvo dirixida para os nenos e nenas de 3º de E.P que levan todo o curso abordando o cine: os xéneros, a profesións, as mulleres no cine, o cine en galego…
Puxéronse na pel dos dobradores e dobradoras da man de dous actores e dobradores que fixeron do obradoiro un ratiño moi divertido e enriquecedor no que a nosa lingua foi a protagonista.
Explicáronnos cal é o proceso para dobrar uns debuxos animados ou peli, fixeron unha pequena mostra en directo e remataron dobrando un fragmento dun capítulo moi coñecido por todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario