Despois de dous días de celebración dos Maios, xa temos algunha mostra do ben que o pasamos e do noso Maio con futuro!
O mércores 3 de maio todos os nenos e nenas da escola colaboraron na creación do Maio, aportando diferentes tipos de plantas, fores, herbas...
Velaquí unha mostra do fermoso e colorido que quedou!
Pero a cousa non acabou aquí non! O xoves 4 de maio os nenos e nenas de 5º e de 6º de E.P cantaron as tradicionais coplas do Maio que, coma sempre, son elaboración propia, xunto co acompañamento musical á zanfona da nosa mestra de Música, Isis.
Tamén contamos coa colaboración da mestra e titora de 3º, Leti, coa súa pandeireta e, co noso xa bautizado gaiteiro do Seis, Iago Prieto Castro. Os cales amenizaron a velada con diferentes pezas tradicionais e tocaron a Danza dos Paus que bailaron os nenos e nenas de 4ºA e 4ºB.
A todo isto... de repente comezou a chover! Pero iso non fixo que a nosa celebración rematase. Buscamos resguardo e continuamos na zona cuberta bailando e cantando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario