A semana do Entroido tivemos a sorte de ter no Seis a unha das primeiras Merdeiras: unha nai da nosa escola que se ofreceu voluntaria para vir e explicarnos ao segundo e terceiro ciclo a historia e traxectoria do MERDEIRO de Vigo, personaxe emblemático do noso Entroido.
Acompañada dunha Merdeira cativa (quen será?) descubrimos unha morea de cousas: a súa historia e orixe, vestimenta, o seu comportamento, cando e onde podemos velos…
Velaquí algunha imaxe dos mellores momentos:
Moitas grazas pola colaboración!
No hay comentarios:
Publicar un comentario