Radio Xornal Seis do Nadal

miércoles, 1 de febrero de 2023

A CANDELORIA

 Galiza é rica en tradicións que se manteñen no tempo. No extenso calendario de celebracións anuais no país unha das datas máis sinaladas é o 2 de febreiro, Día da Candeloria ou tamén denominado Día das Candeas.

A súa orixe foi estudada como parte de cultos anteriores á chegada do cristianismo e relacionada con unha das catro grandes festividades do ano celta: o Imbolc. O seu significado ten a ver co preludio do cambio de estación e a importancia que ten este suceso para a economía rural. Coñecido popularmente como o día 'en que casan os paxariños', sinala a relevancia do apareamento en todo tipo de animais para o bo funcionamento do mundo agrario galego.


A voda dos paxariños 
 
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. 


Distintos refráns

Existen diferentes refráns relacionados con esta festividade como os seguintes:

  • Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.

  • Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.

  • O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.

  • Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.

  • Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.

  • Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.

  • Polo Santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala


Manualidades para o día da Candeloria 



SE QUEREDES DESCUBRIR MÁIS E MÁIS SOBRE ESTA CELEBRACIÓN...






No hay comentarios:

Publicar un comentario