SAMAÍN 2022
CEIP SEIS DO NADALXa chegou o SAMAÍN e con el as meigas, as cabazas, a semana do medo, a Santa Compaña…
Un curso máis a nosa escola énchese de cabazas, de feitizos, sesións de aquelarre… Estades preparados e preparadas para desfrutar neste novo curso da maxia e do medo destes días?
Mais… sabemos o que é o Samaín? |
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.
Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: a maioría das veces para render contas inacabadas.
Velaquí unha serie de recursos para sacarlle o máximo rendemento a esta conmemoración!
CONTINUARÁ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario