Radio Xornal Seis do Nadal

miércoles, 3 de marzo de 2021

CURTAS DE ANIMACIÓN EN GALEGO

Publicada xa a resolución da IX edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.


O xurado da IX edición dos Premios a curtas de animación en galego usando a técnica stop-motion 'Nós tamén creamos' seleccionou como gañadoras os seguintes traballos:

  • Categoría 1: 2.º ciclo de educación infantil
  • Mariluz avestruz, do CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo, A Coruña)


Como se fixo Mariluz avestruz


  • Categoría 2: 1.º e 2.º cursos de educación primaria
  • Quen pode vencer o virus, do CEIP Virxe do Mar (Narón, A Coruña)


Como se fixo Quen pode vencer o virus





  • Categoría 3: 3.º e 4.º cursos de educación primaria
  • Paco Papán, do CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha, A Coruña)


    Como se fixo Paco Papán



No hay comentarios:

Publicar un comentario