O día 2 de febreiro, día da Candeloria (O día do amor na nosa terra)
O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase no 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.
Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola
Imaxe sacada da web da AC Alexandre Bóveda
Fonte: Orgullo Galego
Ademais podedes consultar a páxina PORTAL DAS PALABRAS para que esteades ben informados e informadas sobre este día de voda!
E recordade que... A partir da Candeloria ningunha ave voa soa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario