Radio Xornal Seis do Nadal

jueves, 3 de diciembre de 2020

XA CHEGA O APALPADOR

O APALPADOR

CEIP SEIS DO NADAL 2021


 O Apalpador é un home moi grande que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.

O Apalpador, todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas.

Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual.

Tamén pode deixar algún agasallo máis agochado en calquera lugar da casa e que os nenos e nenas temos que buscar ao erguernos. Estes agasallos soen ser manualidades que o Apalpador elabora coas súas mans ao longo do ano coa madeira dos montes do Caurel.


No Seis do Nadal xa estamos preparados e preparadas para a súa visita, non si?

Mentres tanto... velaquí tedes unha serie de recursos para descubrir, xogar e cantar esperando a súa chegada:


Para os curiosos e curiosas da escola...








Para escribir:



Para xogar e xogar:



Para crear:



Para cantar e bailar:








E para rematar... unha serie de lembranzas do Apalpador no Seis!






ABURIÑOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!






No hay comentarios:

Publicar un comentario