Radio Xornal Seis do Nadal

jueves, 27 de noviembre de 2025

PREGOEIROS E PREGOEIRAS CURSO 2025-2026

 Xa temos os Pregoeiros e Pregoeiras da Lingua Galega para o curso 2025-2026!

Antes de nada, moitas grazas a todos os nenos e nenas da escola que participáchedes no cásting (que por certo, foi todo un éxito), preparando un conto, unha lenda, etc. Foi un pracer escoitarvos e poder compartir xuntos ese momento cheo de nervios e de ilusión a partes iguais.

Despois dun longo debate, os membros do equipo de Dinamización da Lingua Galega decidiron que os escollidos este curso foran:


(MÚSICA DE SUSPENSE)


EN EDUCACIÓN INFANTIL: Luca, Xela, Fernando. Xoel y Xandre.

EN EDUCACIÓN PRIMARIA: Emma, Luis, Abril, Antón, Adrián, Thiago e Nakire.


Moitos parabéns a todos e todas!


Xa temos unha pequena mostra do primer pregón adicado ao 25N. Esperamos que o desfrutedes:


PREGÓN 25N




jueves, 20 de noviembre de 2025

MANUALIDADES DE MAGOSTO

 Como cada curso, moitos nenos e nenas coa axuda da súa familia elaboran unha manualidade relacionada con magosto, utilizando elementos da nature a propias desta estación.

Unha proposta para realizar en familia e aproveitar esos momentos para falar desta celebración tan nosa.

Velaquí unha pequena mostra:












BÚSCASE MASCOTA

 

Este curso o Equipo de Dinamización da Lingua Galega busca mascota para acompañarnos nas diferentes actividades. Para iso, precisamos a vosa axuda!



NORMAS:


Participación voluntaria.

● Dirixido a todo o alumnado do centro.

● Cada neno ou nena terá que cubrir no modelo entregado:

 - O seu nome

- O seu curso

- O nome que propón para a mascota

- Completar o debuxo

● O concurso contará con dúas fases:

- A 1ª fase, será a nivel de aula, escollerase o máis valorado.

- A 2ª fase, de entre os elixidos da cada aula sairá a nosa mascota.

● Prazo de entrega: do venres 21 de novembro ao venres 28 de novembro.


Pedídelle a plantilla a vosa mestra ou mestre e deixade voar a vosa imaxinación e creatividade.


martes, 4 de noviembre de 2025

CASTING PREGOEIROS E PREGOEIRAS DA LINGUA GALEGA

 Xa estamos na procura dos Pregoeiros e Pregoeiras da lingua galega para este novo curso.

Esta vez, cunha novidade: un CASTING!


Anímate a participar o luns 10 de novembro ás 11:30, na Sala Rosalía. Alí estarán uns membros do xurado moi riquiños que forman parte do equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Só tes que vir contar algo en galego, lernos en galego, presentarte en galego, cantar en galego...

Tamén temos outra modalidade de casting: podedes mandarnos un vídeo ou un audio ao noso correo ofiadeirodoseis@gmail.com amosándonos as vosas capacidades!

E SE ES TI A QUEN BUSCAMOS??




jueves, 30 de octubre de 2025

CIRCULAR MAGOSTO 2025

 E seguimos celebrando na escola!un curso máis chega o magosto do Seis!

No seguinte enlace tedes a circular con toda a información para a pasar un bonito día cheo de música, castañas e xogos populares:

CIRCULAR MAGOSTO 2025



lunes, 27 de octubre de 2025

EXPOSICIÓN DE COROAS



 O Samaín chegou a nosa escola e as nosas aulas! Nesta ocasión, cada clase decorou a súa coroa que pende das nosas portas.

Así que xa sabedes cando vaiades polos corredores coidado coas coroas de Samaín que algunha da algo de medo!


















EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 Este curso a nosa escola énchese de cabazas cheas de maxia decoradas polos nenos e nenas e as súas familias.

Velaquí unha pequena mostra:










jueves, 16 de octubre de 2025

SAMAÍN 2025 SEMANA DO MEDO

  SAMAÍN 2025

                CEIP PLURILINGÜE SEIS DO NADAL 


Xa chegou o SAMAÍN e con el as meigas, as cabazas, a semana do medo, a Santa Compaña…

Un curso máis a nosa escola énchese de cabazas, de feitizos e sesións de aquelarre. Estades preparados e preparadas para desfrutar neste novo curso?

Mais… sabemos o que é o Samaín?

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga  cultura céltica  o tempo  de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. 

Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse  nesas horas e as ánimas eran  quen  de vir visitar este mundo e aos seus moradores: a maioría das veces para render contas inacabadas.


Velaquí unha serie de recursos para sacarlle o máximo rendemento a esta SEMANA DO MEDO!


Para os curiosos e curiosas:

AS CABAZAS

TALLAR CABAZAS

MÁIS SOBRE O SAMAÍN

CANVA SAMAÍN @amaxiadeaprender


Para as aulas:

UNIDADE DIDÁCTICA INFANTIL E PRIMARIA

UNIDADE DIDÁCTICA O SAMAÍN

UNIDADE DIDÁCTICA OS BOLECHAS



VÍDEO SANTA COMPAÑA


 


Materias do Samaín da nosa mestra Cris:

DESCARGABLE SAMAÍN 1

DESCARGABLE SAMAÍN 2

OS SÍMBOLOS DO SAMAÍN

LIBRIÑOS DO SAMAÍN


Para escoitar:

HISTORIAS DE MEDO MUSICAS

HISTORIAS DE MEDO MUSICADAS II


Para elaborar receitas e meigallos:

PLANTILLA RECEITA



Para aprender xogando:

GENIALLY SAMAÍN

SYMBALOO SAMAÍN


Para crear:

SAN ANDRESIÑOS

O segredo dos Sanandresiños

Santo André de Teixido é un dos centros de peregrinación máis importantes da cultura galega, considerado unha das portas do Alén👻

🌜Nesta imaxe vemos a unha familia facendo os Sanandresiños, figuras de masa de pan sen fermentar pintadas de varias cores. Son exvotos que se ofrecen ao Santo André e onicialmente eran as figuras dun home, unha muller e unha pomba.

💐A flor era para o amor, a barca para favorecer as viaxes, a pomba para a paz, o santo para protexer a saúde e a amizade, a man para os estudos, a sardiña para o alimento...

Tedes Sanandresiños?



                                                      Fonte: Orgullo Galego



Conta a tradición que todo aquel que estea acompañado por un Sanandresiño terá boa sorte.
Os Sanandresiños son típicos de San Andrés de Teixido e cada un deles representa un ámbito da vida no que inflúen para dar sorte.


FLOR: AMOR
BARCA: VIAXES
SARDINA: ALIMENTO
MAN: ESTUDOS
ESCALEIRA: TRABALLO
COROA E CORAZÓN: PROTECCIÓN
PALOMA: PAZ
SANTO: SAÚDE




Aproveitando o noso proxecto deste curso, propoñemos facer algún Sanandresiño nas aulas como amulestos para o Samaín. Animádevos!



Para cantar e bailar:




CONTINUARÁ..

CIRCULAR SAMAÍN 2025


 Xa temos a circular para o Samaín 2025 lista no forno e preparada para que chegue as casas hoxe mesmo!

No seguinte enlace atoparedes toda a información:

CIRCULAR SAMAÍN 2025



jueves, 26 de junio de 2025

DESPEDIDA PREGOEIROS E PREGOEIRAS



 Xa temos que pechar este curso e con el despedir aos nosos Pregoeiros e Pregoeiras da lingua galega ao grande!

Así que… que mellor maneira que despedilos dando o seu último pregón sobre a noite de San Xoán. Falando polas aulas do cacho, das herbas de San Xoán, das cacharelas, sardiñas…

Pero a cousa non quedou aí, non! Rematamos a xornada coa entrega dos diplomas por ser os primeiros Pregoeiros e Pregoeiras do Seis e deixar un legado que desexamos continuar nos vindeiros cursos. Menuda labor tiveron estes nenos e nenas dende decembro ata xuño: transmitir polas aulas a nosa lingua e cultura, recordando un oficio xa extinguido como eran os pregoeiros e pregoeiras antes de que o mundo da información e da tecnoloxía se apoderase de nós!

Os diplomas foron acompañados por unha boa literatura en formato álbum ilustrado e conto, para os máis activos; pasando pola novela para os maiores. Sen esquecernos dos estoxos personalizados co noso lema deste curso: ENRÉDATE COA LINGUA. Porque coa nosa lingua sempre é unha boa idea enredar e enredarse, non si?!

E para rematar con bo sabor de boca… unha papatoria para compartir os nos últimos momentos xuntos!

Moitas grazas a: Paulo, Martina, Erea, Martina, Héinar, Jared, Lucía, Xabier, Valentina, Xiana e Carmen polo seu traballo por manter a nosa lingua viva. Tamén as titoras porque, dende as aulas, axudáronlles a memorizar o pregón buscando sempre algún momento para practicalo.






viernes, 13 de junio de 2025

OBRADOIRO EU SON ZOQUEIRA




O luns tivemos a sorte de ter na escola á zoqueira Elena Ferro. Leva nena facendo zocos nun obradoiro familiar, oficio que aprendiendo seu avó; e que, a finais do século XX, decidiu darlle un enfoque máis actual aos tradicionais zocos.

Nun momento no que o zoco estaba chegando ao olvido conseguiu salvalo facendo diferentes cambios no seu deseño, pero sen perder a súa esencia.

Os zocos Eferro, que é como se chama a empresa na actualidade, chegaron a diferentes partes do noso país e do mundo, pasando incluso polas pasarelas de moda.

Elena, explicounos todas as partes do zoco e elaborou un zoco no momento. O que máis nos chamou a atención, sen dúbida, foi como se fan os mallós!