Radio Xornal Seis do Nadal

lunes, 13 de mayo de 2024

LUÍSA VILLALTA

 LETRAS GALEGAS NO SEIS DO NADAL 2024

Xa temos novas e novo material relacionado coa escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas!

Será a escritura e violinista, Luísa Villalta!




NOS SEGUINTES ENLACES PODEDES NAVEGAR POR UNHA MOREA DE RECURSOS, ANIMÁDESVOS?!


PARA APRENDER SOBRE ESTE DÍA...




PARA APRENDER XOGANDO...




PARA CANTAR E BAILAR...





Escoito a voz
que me silencia:
comezo a expresar
o necesario













martes, 30 de abril de 2024

OS MAIOS

   OS MAIOS NO SEIS DO NADAL 2024!

Xa falta pouco para a chegada do mes de maio e con el... a nosa propia celebración na escola en colaboración cos nenos e nenas e as súas familias!

Coma ben sabedes, a festa dos Maios é unha festividade estreitamente  relacionada coa agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do poder rexenerador da natureza que coincide coa chegada da Primavera, do bo tempo, dos días máis longos e co comezo do ano agrícola. É posible que este tipo de celebración naceran co fin de festexar e de dar grazas á natureza pola súa xenerosidade e polo don da fertilidade e, ó mesmo tempo, servir de medio para garantir e propicia-los dons da fecunda  Nai Terra.

Ademais de facer o noso propio Maio que este curso será película, cantaremos as coplas, bailaremos ao redor do Maio e aproveitaremos a ocasión para investigar e investigar!


Por iso, deixámosvos unha morea de recursos para traballas nas aulas e seguir aprendendo dende casa:


UN POUQUIÑO DE HISTORIA...

A FESTA DOS MAIOS










PARA APRENDER XOGANDO...


FICHAS INTERACTIVAS...






MANUALIDADE...





PARA CANTAR E BAILAR...



UN MAIO DE PELÍCULA

 




CRICULAR DOS MAIOS 2024

 

 Velaquí a circular do Entroido deste curso:




lunes, 8 de abril de 2024

OBRADOIRO DE DOBRAXE

 O venres pasado tivemos na escola un obradoiro de dobraxe en galego! 

A actividade estuvo dirixida para os nenos e nenas de 3º de E.P que levan todo o curso abordando o cine: os xéneros, a profesións, as mulleres no cine, o cine en galego…

Puxéronse na pel dos dobradores e dobradoras da man de dous actores e dobradores que fixeron do obradoiro un ratiño moi divertido e enriquecedor no que a nosa lingua foi a protagonista.

Explicáronnos cal é o proceso para dobrar uns debuxos animados ou peli, fixeron unha pequena mostra en directo e remataron dobrando un fragmento dun capítulo moi coñecido por todos e todas.







martes, 2 de abril de 2024

APRIMAVERA XA CHEGOU

 E con ela... as flores, a chuvia, o horario de verán, abril e os seus refráns!











E para cantar e bailar, aquí tedes a canción de Mamá Cabra!




miércoles, 14 de febrero de 2024

RESUMO DO ENTROIDO

 Xa coa barriga chea, deixámosvos unha mostra dos mellores momentos vividos a pasada semana na escola co gallo do Entroido!











viernes, 2 de febrero de 2024

VISITA DUNHA MERDEIRA

 




DÍA DA CANDELORIA

"Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola".

O Día da Candeloria celébrase no 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.

O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cristianizado. Co Entroido remata o ciclo de inverno.

No 2 de febreiro, nas parroquias o crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres dure a misa. Estas candeas lévanse, posteriormente, para a casa pois atribuenselles poderes como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo.


Se queredes saber máis:


Material para as aulas: